Dende as eleccións xerais de Abril o Concello de Burela sofre unha total parálise en canto á xestión. Durante a lexislatura a xestión do goberno local non foi moi activa pero é que agora os socialistas xa nin disimulan e sen inmutarse o alcalde Alfredo Llano ven a decir públicamente que non poden facer nada, tomándose todo este tempo de vacacións.
Como é coñecido, todo isto ven provocado pola reclamación de Burela Sempre ó resultado das locais de Maio e que derivou nunha sentenza que obriga a repetilas votacións na mesa 01 005 U, unha das mesas do Perdouro. Inexplicablemente o goberno do estado non convocou a repetición electoral ata o 17 de Novembro, unha semana despois da repetición das xerais.
Cabe recordar que o resultado dos comicios deparou a perda da maioría absoluta para o PSOE e a suma dun novo concelleiro para o BNG a expensas do que ocorra en Novembro.
Mais alá de valorar o total abandono no que tivo o estado ó concello de Burela durante meses, da vantaxe e beneficio que o PSOE local tentou sacar do asunto aprobeitándose das institucións como sempre fixo o bipartidismo, cabe analizar o estancamento do noso concello, que agrava a parálise e inacción que supuxo a anterior lexislatura. A nosa vila non pode seguir por detrais do resto de concellos da Mariña, cuios gobernos xa funcionan, e ten que comenzar a desenvolverse para superala parálise á que os anteriores gobernos nos someteron.
A veciñanza vive atónita a sucesión de despropósitos que nos acontecen e ve este momento como un atranco mais no camiño que sempre tivo que superar con traballo e esforzo. Coma sempre se fixo en Burela, cómpre converter este problema nunha solución, nunha oportunidade para mellorar. Como fixemos na guerra do bonito. Igual que cando xogamos a promoción de ascenso a segunda B de Fútbol, nas máximas categorías do fútbol sala nacional, contra equipos de capitais de provincia. Traballando en equipo e con esforzo saimos adiante e teñen que sudar para superarnos.
Respecto pola democracia.
Do mesmo xeito que xa manifestamos con anterioridade agardamos que a repetición electoral se produzca con todas as garantías democráticas e se respecten as regras do xogo por tódalas partes. Nese contexto, dende o BNG, e persoalmente un que escribe, confiamos en que a veciñanza vai facer coma os grandes pívots do Futsal, aproveitar as oportunidades, dar outro pasiño cara o cambio para que Burela poida mellorar e desenvolverse superando este pesadelo dunha vez por todas. Para iso, a veciñanza de Burela sempre vai contar con este voceiro e con toda a organización do BNG a nivel local; sempre estivemos e sempre estaremos.