Site icon Crónica3.com A Mariña

Seguen as actividades da Semana Europea da Mobilidade en Burela

 Burela, 18 de setembro de 2019. Seguen as actividades da Semana Europea da Mobilidade en Burela. Esta mañá de 11:00 a 13:30 horas haberá instalado un stand informativo na praza do Concello Eu si que o fago. Alí vanse repartir recolledores para retirar os excrementos dos cans. Xa pola tarde de 17:00 a 20:00 horas, tamén na praza do Concello, estará instalado o circuíto de educación vial, aberto a todo o público que queira acudir. E ás 19:00 horas na praza da Mariña haberá un ensaio de Arume.
Mañá, xoves, haberá sendas charlas impartidas pola DXT nos IES Perdouro e Monte Castelo tituladas Anda en bici seguro. E pola tarde nova cita co circuíto de educación vial.
A Semana Europea da Mobilidade culminará o vindeiro domingo, 22 de setembro, coa celebración do día sen coches. Ata esa xornada segue aberto o prazo de presentación de fotografías ao concurso Os Beatles en Abbey Road… nun paso de cebra. As persoas interesadas en participar deben facer unha foto imitando a mítica imaxe e enviala a gaia@burela.org xunto cos nomes dos participantes, DNI e un número de teléfono de contacto. O prazo remata o 22 de setembro ás dez da noite. A foto premiada recibirá como agasallo unha cea valorada en 100 euros no Contraste.
Onte tivo lugar o concurso de debuxo infantil Camiña connosco. Todos os participantes levaron unha camiseta de Burela Bonito e houbo un premio para cada categoría: ata 6 anos, de 7 a 9, e de 10 a 12. Os agasallos foron xogos de mesa e inxenio.

Exit mobile version