O venres 13 de setembro ás 20h na Casa da Cultura de Foz, a directiva do Club Atletismo ‘Ría de Foz’ convoca unha reunión informativa para comentar, con todo luxo de detalle, os detalles da nova tempada deportiva 2019/2020 tanto a nivel de pícaros como de adultos: horarios de adestramento, probas nas que competirá o club, equipacións etc. Ademais, resolveranse todas as dúbidas que se formulen. A xuntanza está aberta a todas as persoas interesadas no proxecto.