Ribadeo, 5 de setembro de 2019. RadioVoz realizará este venres, 6 de setembro, un programa especial en directo desde Ribadeo con motivo da celebración das festas patronais na honra de Santa María do Campo. Escoitarase a través de todas as emisoras desta cadea na provincia lucense: Lugo, Ribadeo, Viveiro, Vilalba, Sarria, Monforte e Chantada.
O programa emitirase de 10 a 12 da mañá desde a entrada da Casa do Concello ribadense e será dirixido e presentado por Félix Jorquera.
Entre os invitados que participarán neste espazo radiofónico estarán o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; a concelleira de Cultura, Pilar Otero; membros da comisión de festas que preside Juan José Otero; o director da Banda Municipal de Ribadeo, David Ballester; o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo, Jesús Pérez, e o responsable da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, Hugo García.