Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Mondoñedo critican o despilfarro do goberno de Elena Candia

Mondoñedo, 5 de setembro de 2019. A Voceira Socialista en Mondoñedo, Esperanza González criticou hoxe o aumento dos gastos de publicidade e propaganda que ven de realizar o Goberno de Elena Candia, trala celebración dun pleno extraordinario para aprobar dúas modificacións de crédito.
González remarca que “o montante total destas dúas modificacións de crédito supoñen cerca de 135.000 euros, dos cales, este equipo de goberno do PP xa gastou preto de 22.500 en anuncios, publicidade, festas e propaganda. O que supón máis do 16% deste montante. E que se suman aos 60.000 euros que xa había presupostados nos orzamentos, polo tanto estamos xa en 80.000 euros gastados en fastos e propaganda”.
A voceira socialista lembra ademais que “a secretaria fai advertencia en estas dúas modificacións de créditos nas que sinala textualmente;que esta modificación pode producir una perturbación no adecuado funcionamento dos servizos, .. que podería afectar á estabilidade orzamentaria e a regra de gasto, en aras do principio de prudencia, xa que neste momento do exercicio non pode calcularse si se vai a producir esta perturbación”.
Nesta mesma sesión plenaria tamén se aprobou, coa abstención da oposición, un expediente para cumprir a regra de gasto que supera os 23.000 euros.
“Candia estivo moi ocupada colocando marquesiñas durante os 15 días da campaña electoral, porque non lle deu tempo a colocalas nos 4 anos de Goberno, e agora todos os mindonienses teñen que sufrir as consecuencias do seu despilfarro económico”, dixo González.

Exit mobile version