A Consellería de Educación avanzou os centros educativos que formarán parte das obras de rehabilitación integral para o ano 2020. Entre eles está o CEIP Pedro Casielles Rollán (Xove). Levarase a cabo unha reforma que incremente a eficiencia enerxética e que abrangue actuacións específicas en cubertas, fachadas, carpinterías e luminarias, entre outras. Segundo as previsións que manexa a Consellería, de aquí a finais deste ano procederase á redacción de cada un dos proxectos (xa encargados), coa intención de que o proceso de licitación e adxudicación de obras estea rematado antes do vindeiro xuño de 2020.