“Volverá ser un partido moi disputado. Os dous cadros apostamos pola continuidade, ambos coñecémonos moi ben e creo que volverá ser unha cita trepidante, coma os últimos enfrontamentos; xa se viu en Copa da Raíña” advertía o técnico, Julio Delgado, sobre a máxima igualdade que se poderá vivir nesta pugna por un novo título, coas madrileñas como triunfadoras da competición regular grazas ao goal average e as mariñás vencedoras copeiras nos penaltis.
“O factor psicolóxico vai ser fundamental para levar o partido e creo que o resultado vai marcar bastante o ánimo para o inicio de tempada” recoñecía o adestrador laranxa, transmitindo a ilusión que o equipo ten depositada na Supercopa, avalado polo traballo deste mes inicial: “Estamos facendo unha gran pretempoda. Vimos dese gran test da Recopa en Italia no que saímos vitoriosos cun equipo moi serio e compacto. Chegamos moi ilusionadas.
Todos os efectivos estarán dispoñibles para a cita, a excepción de Cristina, que continúa coa recuperación da súa operación de xeonllo. O conxunto galego realizará esta tarde a última sesión da semana á súa chegada a Las Rozas (19.00 horas).
Futsi Atlético Navalcarnero: 1. Belén de Uña, 5. Ari, 6. Albita, 7. Leti, 8. Irene, 9. Ju Delgado, 10. Ame Romero, 12. Miriam, 14. Anita Luján, 15. Gaby, 17. Laura, 18. María Sanz, 19. Alba Pena, 28. Marta Balbuena
Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 4. Cris Lourés, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Jane, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 17. Ale de Paz, 19. Luci, 21. Jenny Lores