Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP cualifica a visita dos socialistas a Alcoa de “teatrillo” e “comedia política”

A Mariña, 09 de setembro, 2019. O Partido Popular cualifica a visita o secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e doutros responsables socialistas a Alcoa de “teatrillo”, pois, “en primeiro lugar, non dixo nada novo e, o que é máis grave, foi facer un paripé, cando o lóxico é que dese unha solución ás demandas do comité de empresa”.

Neste senso, reproban que o dirixente autonómico, así como o resto de participantes, “que son os mesmos actores” que visitaron a factoría con anterioridade, “sexan capaces de voltar á Mariña tan só cunha declaración de intensións”, pois xa naquel entón os socialistas se comprometeran a impulsar a aprobación do estatuto.

“Isto é unha comedia política”, sinalan, ao tempo quen aseguran amosarse sorprendidos coas manifestacións referidas ao delegado da Xunta, pois “o compañeiro Balseiro o único que dixo foi trasladar a situación que, lamentablemente, está a padecer a fábrica e, en consecuencia, os traballadores”. A este respecto, piden “máis respecto e rigor cun asunto que é de enorme importancia para toda a comarca”, xa que “perderon unha oportunidade para tranquilizar aos traballadores”.

Por todo elo, dende o PP convidan aos socialistas locais, provincias, autonómicos e nacionais “a repensar a súa actitude, dando un golpe de efecto con xestións e medidas que garantan a supervivencia da empresa, a súa produción e todos os empregos, tanto directos como indirectos, que mantén”. E é que “vir por vir, mellor é que se queden na casa”, sentencian.

Exit mobile version