Por iso, os populares esixiron ao Concello que poña a disposición deste servizo orzamento e os terreos para a renovación da traída de auga que daría subministro ao municipio. Deste xeito, segundo explica Daniel Vega, “o que pedimos foi a colaboración institucional, xa que buscar orzamento e axilizar os trámitos é tamén apostar e defender a Ribadeo”.
O PSOE púxose “de perfil” na defensa de Alcoa
Na mesma liña, e para sorpresa dos populares, o PSOE abstívose na moción presentada polo PP e na que se pedía unha “defensa clara dos 2.000 postos de traballo de Alcoa e da súa actividade insutrial, que representa máis do 30% do PIB de Lugo”. Para Daniel Vega a actidude dos socialistas foi “a de poñerse de perfil”, por tratarse dunha medida que ía dirixida a esixir a Pedro Sánchez a aprobación do estatuto que daría unha solución á grave crise que atravesa a multinacional.
O Concello “gasta máis do que ingresa”
En materia económica, criticaron que o alcalde incumprise a regra de gasto, pois o nacionalista, “sen dicir nada na campaña”, gastou medio millón de euros máis “do que debía”. E o que é peor, fíxoo, apunta Vega, en asuntos “superfluos”. “O certo é que nos enganou, pois o interventor presentou o seu informe o 21 de febreiro e Fernando Suárez preséntaa con 7 meses de retraso, cando é coñecedor de que hai un mes para presentala en Pleno”. En definitiva, conclúe o voceiro do PP, “gastou máis do que se ingresaba”; cuestión que “temos que denunciar porque cando se fai algo así debe ser para o beneficio de todos”.
Unanimidade para o Galeón
Os populares tamén acadaron a unanimidade na proposta na que se instaba á entidade local a intensificar as xestións para declarar BIC o Galeón e crear un museo na vila para dar a coñecer o patrimonio da ría, tal e como apunta Begoña Sanjurjo.
Plan de Residuos e estradas
Sobre a pregunta do plan de residuos, o que obtiveron foi evasivas, demostrándose así que non existe ningún plan a este respecto. O goberno tamén “botou balóns fóra” á petición de arranxo das estradas rurais. No primeiro caso, a contestación, segundo destaca Elena Sierra, foi que o camión saía todos os días, algo que é normal, pero no verán non foi así. No segundo, o que nos deron “foi o silencio por resposta”.