Mondoeñedo, 17 de setembro, 2019. O vindeiro sábado 21 de setembro de 2019 terá lugar na localidade de Mondoñedo a actividade “O POBO DA IGUALDADE” (“El Poblado de la Igualdad”), un lugar onde nenas e nenos aprenderán a convivir en igualdade a través de xogos que representan distintos espazos da vida (unha casa, un colexio, un supermercado, as profesións…). Levarase a cabo en horario de mañá (de 11:00 a 14:30 horas) e de tarde (de 15:30 a 21:00 horas) e estará instalado na Alameda dos Remedios. O acceso é LIBRE e GRATUÍTO, sen límite de idade.
Está prevista a asistencia da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, dona Susana López Abella, na xornada de tarde (en torno ás 17:30 horas).
A actividade está organizada polo Centro de Información ás Mulleres do Concello de Mondoñedo e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, dentro das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.