“Parécenos moi hipócrita e entendemos como unha tomadura de pelo, que o goberno traia unha proposta para demandar o segundo Tco da medicalizada; algo co que estamos totalmente dacordo e sempre defendimos, sen haber feito por outro lado unha soa xestión neste asunto nos 100 días que levan gobernando, NIN INCLUSO UNHA MÍSERA CHAMADA TELEFONICA AO CONSELLEIRO DE SANIDADE, o que confirma unha vez máis a ineptitude do Alcalde nestes primeiros meses de goberno e o uso político na campaña deste asunto”, afirma o voceiro popular.
Prosegue Castiñeira, “….Onte vivimos un pleno subrealista e disparatado, cheo de despropósitos e incongruencias do bipartito que encheu o pleno de mocións políticas vacías de contido executivo disfrazadas de Propostas de Alcaldia que nalgún caso foron expostas e defendidas por persoas alleas ao propio goberno, como é o caso do nacionalista Villamil, algo que entendemos é inverosimil e inédito, polo menos da corporación focense…”
“….Proposicións de Alcaldia fume moitas delas, coma a da petición dun Auditorio para Foz á Xunta de Galicia sen saber onde van ubicalo e renunciando a que a Diputación, gobernada tamén por socialistas e nacionalistas cofinancie dita infraestructura, actuando de modo partidista e pouco leal cos veciños do pobo, buscando máis o victimismo e o enfrontamento coa Xunta que o propio obxetivo fundamental co que estamos dacordo, que é dotar dun auditorio ó Concello de Foz.
“O CULME DA CONTRADICIÓN ABSOLUTA..”, afirma o Popular focense, ”…chega cando no mesmo pleno o propio goberno trae a ampliación das datas de vixencia ata decembro do 2022 do convenio que asinou o anterior goberno popular coa Consellería de medioambiente para financiar a construción da nova depuradora na granda entre Forxán e Fazouro; proposta que se aprobou por unanimidade e logo votan EN CONTRA na moción que presentou o PP de Foz co mesmo fin, que o bipartito proseguía coas xestións iniciadas polo anterior goberno respecto da nova depuradora, o cal nos sorpendeu enormemente….”
”…..O que si quedou claro e que hai un novo cambio de opinión dos partidos do goberno, do cal nos congratulamos porque parece renuncian a ampliar a actual depuradora como sempre defendeu o Psoe ou levala para o polígono de Fazouro como decían os nacionalistas, aínda que cremos con iso que non están exentos de dar explicacións ás dúas AAVV de Forxán que vilmente enganaron cando estaban na oposición.”
Remata a valoración dos populares focenses, “En definitiva, no pleno de onte o goberno demostrou estar cheo de complexos, absolutamente perdido e incapaz de traer Proposicións firmes e traballadas, empaquetado en declaracións de intencións sen apenas informes técnicos e vacías de contido, máis propias de mocións de partido onde abandoa a xestión e a lealdade institucional á que nos tiña acostumado o anterior goberno pola actuación politica e frontista tipica dos Bipartitos.”