Para o desenvolvemento das xornadas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade contará coa colaboración de Zinthia Alvarez Palomino, xornalista, membra de Afrogalegas, impulsora do proxecto Mulleres negras que cambiaron o mundo e autora do libro “Mujeres negras en la ciencia” así como con Jeane Costa, diplomada en Maxisterio que imparte, entre outros, seminarios de educación sexual integral para alumnado e familias, membra tamén de Afrogalegas.
O primeiro acto terá lugar este venres, 13 de setembro, a partir das 20.00 horas na Sala Multiusos da Casa da Cultura de Burela, un relatorio arredor da lei de estranxeiría con perspectiva de xénero e desde a ollada da diversidade étnico-racial.