Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial do BNG logra o acordo unánime do Pleno a unha moción para salvagardar os postos de traballo en Alcoa San Cibrao

 Lugo, 24 de setembro de 2019.- O Grupo Provincial do BNG logrou o respaldo do PsdeG e do PpdeGá súa proposta para salvagardar os postos de traballo e a actividade industrial en Alcoa San Cibrao.

A moción insta á Xunta de Galicia a constittuír unha mesa de negociación coa multinacional e o comité de empresa de San Cibrao para demandar a activación das 32 cubas en suspenso e velar polo mantemento do emprego e da actividade industrial en tanto se mantén a actual situación de declive industrial e inestabilidade nos prezos da enerxía.

Asi mesmo demanda ao Goberno do Estado medidas urxentes respecto do marco enerxético co fin de paliar a crise da industria electrointensiva galega. Neste senso esixe a aprobación inmedidata do estatuto do consumidor electrointensivo tendo en conta as achegas do sector galego, coa inclusión dun paquete de medidas compensatorias polos atrasos antes do final de 2019. Solicita a substitución do sistema de poxa de interrumpiblidade por unha regulación estábel que permita prezos competitivos no sector con compromisos no mantemento do emprego.

Tarifa eléctrica galega

Ademais, a moción solicita que o futuro sistema enerxético estatal contemple unha tarifa eléctrica galega que compense a Galiza polos custes ambientais e sociais que implica a xeración de enerxía.

O voceiro do BNG, Efrén Castro, defendeu que a proposta “apunta a todas as institucións, porque a situación de Alcoa San Cibrao é un problema galego no que o Estado se ten que mollar e no que a Xunta tampouco se pode poñer de perfil. O BNG leva moitos anos propoñendo unha tarifa eléctrica galega que potenciaría a industria galega e que impediría que chegasemos a este punto no que a pantasma do peche planea sobre Alcoa”

O deputado nacionalista lembrou que a proposta foi rexeitada e mesmo “ridiculizada” polo presidente da Xunta de Galicia mentras o goberno de Euskadi logrou unha tarifa propia que contou co respaldo do Parlamento europeo e que “aforrou 50 millóns de euros” a súa industria nacional. “Esa é a diferenza entre ter un goberno que se preocupe pola industria e outro que non o fai”, comparou.

Efrén Castro afeoulle ao Partido Popular a súa traxectoria en relación coa problemática de Alcoa, remarcando que “os representantes do partido fosen a San Cibrao unicamente a facerse unha foto”. “Nos fomos a reunirnos co comité de empresa e a formularlles a nosa proposta, o mínimo que se pode esixir a unha formación política”, remarcou.

O voceiro nacionalista transladou o “apoio” do BNG aos traballadores e comité de empresa de Alcoa que esta mañá se reunía co presidente da multinacional en España, Álvaro Dorado.

Exit mobile version