Adrián é un exemplo de traballo, esforzo e dedicación; un grande atleta de grande calidade humana; un deportista que non deixa de sorprendernos e que conseguiu que o nome de Viveiro se escoitase nos Mundiais de Atletismo.
Mañá, ás 21:00 horas (hora local), disputará a final de 800 metros e o concello vai instalar unha gran pantalla na Praza Maior para que todos os veciños que o desexen poidan animar a Adrián e disfrutar dun momento histórico. A pantalla, que estará emitindo dende as 20:00 horas, será trasladada á sala multiusos da casa do concello no caso de chuvia.
Animamos, pois, a que todos os veciños e veciñas que o desexen se acheguen á Praza Maior para acompañar a Adrián neste momento único.