O Valadouro, 19 de setembro, 2019. Deste xeito o Concello ten convocada unha concentración en repulsa da violencia de xénero para o próximo venres día 20 ás 21:00 horas diante da Casa do Concello, o cal será iluminado de cor violeta como mostra do compromiso na loita contra a violencia machista.
Mediante unha moción promovida por diferentes organizacións de mulleres e
presentada pola Alcaldía no último pleno ordinario do 3 de setembro, a corporación acordou por unanimidade o pronunciamento público contra os asasinatos machistas e contra toda forma de violencia contra as mulleres, contra a normalización da mesma, e contra a apatía e a indiferenza.
O Concello de O Valadouro rexeita todos os tipos de violencia machista e
pedímoslle a sociedade que contribúa á loita contra esta lacra que nos asola.