Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo apoia novas iniciativas empresarias

 Mondoñedo, a 29 de setembro de 2019.- A casa consistorial de Mondoñedo acollerá mañá, luns, a presentación da nova liña de produtos da empresa Mariña Bienes y Servicios, acollidos á marca de garantía Horta de Mondoñedo. A alcaldesa, Elena Candia, acompañará ao representante da empresa, Jorge Losada, que explicará polo miúdo esta nova fase de desenvolvemento do proxecto empresarial que comparte con Mónica Maestre.

Mariña, Bienes y Servicios vai iniciar a distribución de derivados do tomate, como son tomate frito, marmelada de tomate e tomate natural triturado, baixo a marca Hortas de Galicia, acollida á marca de garantía Horta de Mondoñedo. Con esta iniciativa, a empresa dará saída ás pezas do tomate que produce que, polo seu tamaño, non son comerciais.

A primeira remesa da produción desta nova liña de traballo empezarase a distribuír nos próximos días. A empresa fará unha campaña de promoción dos seus produtos en grandes superficies comerciais.

Exit mobile version