Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros saca a licitación a pavimentación de camiños e a ampliación do centro social de San Xulián de Cabarcos

 Barreiros, 19 de setembro de 2019. O Concello de Barreiros saca a licitación un contrato de obra para a pavimentación de camiños, concretamente para: Carretera da Barcela, Urbanización Viladaíde, Suaigrexa, carretera de Sarxendez, carretera en Ferrería, de rotonda de Autovía a carretera de Trabada, carretera de Insua, carretera de Pedreira, Igrexa de San Xusto a campo da festa e camiño de Mescosa. O importe é de 192.022,87 € e está cofinanciado pola Deputación de Lugo  a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos do ano 2019 con 180.610,27 €, os 11.412,60 € restantes ponos o Concello. O prazo de execución das obras é de 3 meses  e en todo caso terán que estar rematadas antes de outubro do ano 2020.
A outra licitación trátase da ampliación do centro social de San Xulián de Cabarcos. O importe das obras é de 67.686,80 € e tamén está cofinanciado pola Deputación de Lugo  a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos do ano 2019 con 57.558,37 €, os 10.128,43 € restantes ponos o Concello. O prazo de execución das obras é de  6 meses e en todo caso terán que estar rematadas antes de outubro do ano 2020.
Ámbalas dúas licitacións están publicadas na Plataforma de Contratación do Sector Público e as ofertas deberán presentarse de maneira electrónica.

Exit mobile version