Quero aproveitar a ocasión, así mesmo, para agradecer á Plataforma Pro-Celeiro polo seu traballo, por convocar diversas concentracións e manifestacións e por sumarse a esta demanda co fin de solucionar a situación na que se atopa a ría de Viveiro. Creo que é importante que a xente saia á rúa e creo que, neste caso en concreto, a mobilización veciñal puido servir para axilizar os trámites dun expediente no que, por parte do concello, sempre se traballou coa máxima celeridade. Agardo tamén que a constitución desta plataforma poida servir para axilizar os trámites que permitirán a execución da segunda fase desta actuación e, por suposto, manifestar publicamente a disponibilidade do concello para tramitar á maior brevidade posible cantos requirimentos se reciban neste sentido.
A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García