Burela, 13 de setembro, 2019. Na pasada campaña electoral o PP anunciaba obras no colexio Virxe do Carme de Burela para ter listo o centro neste inicio de curso, decindo que solventarían a problemática estructural da instalación. Os nacionalistas xa sospeitaban nas últimas semanas que o curso non comezaría, polo menos con normalidade, na data indicada. “É imposible que o centro esté en condicións de comezar o curso posto que o pavillón está ocupado polo mobiliario e material e non vai estar libre cando menos ata comezos de Outubro” sinalou o voceiro do BNG Mario Pillado. “Coma sempre o PP sérvese das institucións con fins electorais para logo non cumplir, neste caso a costa de causar trastorno en toda a comunidade educativa e do resto de usuarios do polideportivo do centro” continuou Pillado. O BNG pedirá explicacións nas institucións nas que está representado e esixirá que se solucionen os atrancos deste inicio de curso.
Os nacionalistas ven total abandono do goberno central con respecto a Burela ante a complicidade do goberno local
Noutra orde de cousas, o voceiro do BNG aproveitou o pleno extraordinario deste mércores para preguntar pola repetición das eleccións na mesa U do Perdouro. “Despois de airear pola vila durante as últimas semanas a posibilidade de producirse o 22 ou 29 de Setembro agora desdíxose, coma de costume e vaticinou Novembro como escenario mais probable para a repetición electoral” indicou o voceiro nacionalista quen seguiu para recalcar que “pese ó que dixo no pleno, o señor Llano está encantado coa situación, vai seguir coas vacacións nas que se atopa dende Maio, nunha situación que favorece os seus intereses particulares e perxudica ós do conxunto da veciñanza. Trátase dunha situación de abandono por parte do Estado coa complicidade do goberno local so PSOE. Unha vergoña e un desastre para Burela” sinalou Pillado para rematar decindo que “nos tentaremos, pese a todo, que se respete a democracia polo ben das veciñas e veciños de Burela para que finalice esta situación da mellor maneira posible”.
.