A Consellería de Educación, por voz da inspección de Educación dí que segue de vacacions e non atende as peticións de información da comunidade educativa. Así o claustro do CEIP atopouse a volta do veran co CEIP en obras. Foi preciso o seu acomodo e instalación na Escola Municipal de Música onde realizan as suas tarefas cunha encomiable profesionalidade e salientable incomodidade. Acompaña o sainete a ausencia de información, dos prazos e tampouco hai concreción da mais que probable convivencia das obras e o inicio do curso (a ver como se explica logo a situación do parque infantil do centro). Os docentes deberon dar a cara e facer o que non fixo a Consellería, informar as familias do cambio dos puntos habituais de información a comunidade educativa (actualmente está prohibido entrar no centro evidentemente po las obras), do probable retraso do inicio das clases (estímase en torno ao 16 de setembro) e das moitas dúbidas desta data e doutras como a dos períodos de adaptación do alumnado de infantil que inicia a sua andaina con 3 anos. Conciliar a vida familiar e laboral deste xeito e ben difícil, pero non o sabe e non contesta o PP.
O CEIP nº 1 de Foz conta cos mellores docentes, coa mellor comunidade educativa e a aspiración de titores legais e alumnos e continuar recibindo a mellor educación nun centro mellorado, (que xa non era sen tempo), pero sufre aos peores xestores e os menos sensibles as molestias da comunidade probablemente por que estén mais ocupados en implementar o ensino privado subvencionado como ven de confirmarse no novo descenso de unidades. Á volta do verán Galiza, pola desastrosa xestión do PP, contará con 6 escolas unitarias menos baixo a escusa de non chegaren a contar con 6 matrículas cada unha delas. Ademais, a Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional elimina para o curso 2019/2020 até 67 unidades de educación infantil, primaria e educación especial. Pola contra, só crea 25 unidades educativas novas, a meirande parte no ensino privado subvencionado. Unha pésima xestión. O BNG de Foz, apoia aos docentes do ensino público, congratúlase po la sua profesionalidade e dedicación mais esixe da Xunta a inmediata aclaración a comunidade educativa do CEIP nº 1 de Foz da sua situación para o inicio deste curso 2019-2020.