A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Belén Chao, destacou a capacidade de convocatoria da feira, con presenza de gandeirías de toda a comarca e doutros puntos do país tanto nos curros como nos certames morfolóxicos. Con todo, lamentou que “os danos por fauna salvaxe se están deixando notar nas últimas edicións da feira”.
O goberno do nacionalista Manuel Requeijo ten reclamado á Xunta de Galicia unha saída ante a situación de desamparo das gandeirías, que sofren cuantiosas perdas polos ataques dos lobos.
Á demanda sumouse a ampla representación do BNG que acudiu este domingo á feira. A parlamentaria Olalla Rodil, o deputado de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica, Efrén Castro e a responsable comarcal da Mariña, Ana Ermida, ademais doutros edís mariñaos, compartiron a xornada coas gandeiras e gandeiros.