Xunto ao técnico Julio Delgado, continúa á fronte do vestuario tamén Iván Cao, Lucas, ademais de Emma Losada, como delegada, Fran Paz, como adestrador de porteiras, e o preparador físico Pablo Díaz. Como novidade incorpórase o fisioterapeuta Tulio García, que contará co apoio de Xurxo Rodríguez. A saúde das Raíñas Laranxas seguirá estando supervisada polo médico Javier Couce e o podólogo Miguel Murias, coa axuda da nutricionista Alba Vila, que coidará unha tempada máis da alimentación da escuadra.