Para o rexedor burelés “se algo queda claro é o nivel de fútbol sala que temos en Burela, que conta agora mesmo con dous equipos en primeira división, o masculino e o feminino. O equipo feminino acaba de acadar un novo título. Hai que recoñecerlle unha valía extraordinaria e desde logo isto está motivado polo bo facer do equipo, polo ben que se fan as cousas no Burela FS. Ademais é case un agasallo ao tremendo interese polo fútbol sala que hai neste pobo, á afección entregada que sempre está no polideportivo Vista Alegre para animar a esta xente”.
Alfredo Llano engadiu: “penso que este novo trofeo é unha consecuencia que nos dá unha visión europea xa e que aclara o que é o pobo de Burela a través do fútbol sala. E tamén nos dá unha dimensión de que se están facendo ben as cousas, que son moi competentes estas xogadoras, os técnicos, o equipo e tamén a afección que hai aquí en Burela. Polo tanto parabéns ao equipo feminino, á afección e ao pobo de Burela”.