Isabel Rodríguez felicitou a Fernando Brinquis polo seu nomeamento e desexoulle o máximo éxito á fronte da subdelegación de Defensa o que redundará, dixo, en beneficio de todos os veciños da provincia.
O ministerio de Defensa nomeou ao capitán de navío Fernando Brinquis como novo subdelegado na provincia de Lugo en sustitución do coronel de Infantería Carlos Boado Quijano, que pasou á reserva a mediados do mes de xullo.
Fernando Brinquis chega a Lugo procedente de Santander onde estivo ao mando da Comandancia Naval dende 2017. Con anterioridade tamén fora fora Comandante Naval de Xixón.
O novo subdelegado de Defensa en Lugo é natural de Marín (Pontevedra). Ingresou na Armada en 1978 e recibiu o despacho como alférez de navío en 1983.
Na súa carreira militar ten desempeñado diferentes destinos no destrutor “Méndez Núñez”, o patrulleiro “Lazaga” ou a corbeta “Infanta Cristina”. Tamén foi instrutor de marinería no cuartel de instrucción de Ferrol, profesor na Escola de Tiro Naval Jaime Janer e segundo xefe de instraestruras do Arsenal de Ferrol.