Foz, 3 setembro, 2019. Foi inaugurada no CENIMA a exposición “Aves de Galiza” que vai ser complementada coa exposición “Especies ameazadas de Galiza”. Continuará entre o 03 ao 19 de setembro en horario de mañá de 09 a 14 hs os luns e de martes a sábado de 10 a 14 hs e de 17 a 20 hs. A partir do día 15 de 09 a 14 hs de luns a venres.
A través desta exposición, o público terá a posibilidade de coñecer as diferentes especies de aves que poden atoparse en Galiza (moitas delas no Concello de Foz) e os diferentes tipos de hábitats da avifauna. A mostra pretende tamén valorizar os recursos ornitolóxicos galegos e locais e promover o gusto po la observación das aves, así como diversos consellos para aficionarse ao seu estudo e despertar unha actitude positiva cara ao medio natural. Os visitantes realizarán unha primeira aproximación as aves de Galiza para un mellor coñecemento, aprecio e conservación das mesmas, promovendo así dende o Concello a posta en valor do noso patrimonio natural.