O Concello de Viveiro súmase a iniciativa que se vai levar a cabo en distintos puntos da xeografía galega e vai iluminar a porta de Carlos V de cor violeta durante a noite do 20 de setembro, convocando, así mesmo, unha concentración que terá lugar ás 21:00 horas, diante dese monumento, como mostra do compromiso na loita contra a violencia machista, polo que se anima aos veciños e veciñas a que se unan participando nesta iniciativa.