Tivo lugar deste domingo no circuíto trazado no Monte de Lieiro, organizado polo Club Medela MTB, coa colaboración do Concello de Cervo. Desde o Concello quixeron felicitar ao club local pola organización deste evento deportivo que congregou a máis de 200 rapaces, e a numeroso público, “foron moitas as horas que dedicaron, de xeito totalmente altruísta, para poder levar adiante esta proba federada en Cervo, un exemplo máis do traballo que levan desenvolvendo nos últimos anos en prol deste deporte, conseguindo que ano tras ano o ciclismo gañe adeptos no noso municipio, xa desde as idades máis temperás”.