Site icon Crónica3.com A Mariña

I Campionato Galego e III Interautonómico de Taiji Quan

Terá lugar este domingo, 22 de setembro, no Pavillón do CEIP Península da Paz, a partir das 10:30 horas. A cita, na que se estima que participarán medio cento de deportistas procedentes de Galicia, Madrid, Asturias e Castela León, foi presentada polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo Director Nacional do Departamento de Taiji Quan, Miguel Ángel Rojo. A entrega dos trofeos está prevista para as 13:00 horas.

Exit mobile version