“¡Qué asco!” é unha das tantas expresións que escoitamos dos nosos veciños e visitantes en varias ocasións ao pasar preto dos colectores do lixo”, segundo explica Sierra. A este respecto, engade tamén “moitos outros comentarios de persoas que non poden abrir as ventás debido á abundancia de moscas arredor dos colectores” e “queixas dos ribadenses que non sabían onde depositar o aceite usado porque o colector estaba cheo”.
Igualmente, a popular considera que “xa non ten nome” o abandono das áreas recreativas. “Algunhas foron rozadas en agosto e outras aínda están agardando”, a pesar de que o concelleiro nacionalista de medio ambiente recibe unha dedicación exclusiva que nos costa aos ribadenses 2.400 euros mensuais “que parece que non sirve para moito e, polo tanto, supón un gasto para as arcas locais”.
Reclamamos unha planificación seria
Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular volvemos a pedirlle ao equipo de Goberno “unha planificación seria con respecto ao coidado de xardíns e áreas recreativas, retirada de residuos, lavado de colectores e baldeo de rúas”. Sobre este último asunto, os populares trasladan tamén ao Goberno local outra queixa dos veciños e veciñas “por realizar estes labores a media mañá”.