Site icon Crónica3.com A Mariña

Efrén Castro participou na inauguración do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Xermade

 Lugo, 20 de setembro. O Deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, participou esta mañá na inauguración do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade, que reúne os mellores artesáns do mundo no concello chairego ata o vindeiro domingo 22 de setembro. O deputado nacionalista incidiu na importancia do evento de cara a “recuperar, documentar e espallar un proceso artesán como é o tallado da madeira”.

A exposición e venda de pezas torneadas, maquinaria, ferramentas e publicacións é un dos eixos do evento que tamén ofrece demostracións da man de destacados mestres internacionais e galegos como os franceses Alain Mailland e Bernard Azema, o castellonense Quique Prades ou Lolo Castro, das Pontes. Tamén se programan espazos de iniciación ao torneado coa supervisión de persoas expertas.

As pezas máis estéticas e mellor elaboradas desta edición serán seleccionadas para unha exposición itinerante CONtornos 2019-20.

Exit mobile version