O pasado sábado en Navelgas (Tineo) dobre triunfo de Ana Vallines e Marcos Rivas na categoría xuvenil sobre un percorrido de 6 kilómetros. Ademáis, o domingo varios representantes desprazábanse a O Barqueiro para participar na popular do Concello de Mañón. Triunfo de novo en Cadete/xuvenil para Ana Vallines seguida da súa compañeira Iria Otero e título para Carmen García en Infantil. O vindeiro domingo 8 de setembro a maioría dos atletas participarán no III Desafío Tovar 2019, este xoves farán o último entreno nas inmediacións do Pazo laurentino.