Esta empresa conta con 66 anos de historia e dispuxo dunha facturación neste ano de 10 millóns de euros. Na actualidade, tamén exporta a súa produción a China e está a levar a cabo un labor moi importante no que a inserción laboral se refire, pois ten empregados a 8 membros de Cogami na área de montaxe.
Daniel Vega e Javier Castiñeira salientaron así a importancia de gobernos como o da Xunta de Galicia que teñen unha “vontade decidida coa FP dual e o emprendemento”, pois isto, engadiron, “tamén contribúe a fixar poboación na nosa comarca”.
Deste xeito, os populares continuaron a rolda de contactos que están a ter pola comarca co fin de atender as peticións dos distintos axentes socioeconómicos e levar as súas propostas ás institucións onde teñen representación.