Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG celebra o día 21 de setembro o seu III Congreso ordinario

Compostela, 17 de setembro, 2019. No hotel Congreso de Teo, dende as 10:00 horas celebrarase o III Congreso Ordinario de CxG. Logo dun traballo orgánico de tres meses as mulleres e homes de Compromiso por Galicia artellarán as medidas precisas para que esta formación, encare ás distintas citas electorais que chegan.

Elixiranse os compoñentes do Consello Nacional, de forma totalmente paritaria 20 mulleres e 20 homes. Tamén se renovará a Comisión Executiva Nacional, a Comisión de Garantías e Contas e se aprobarán os documentos “Tese Política” e “Liña Estratéxica” e tamén os Estatutos nacionais.

O elevado número de candidatos ao Consello nacional garante nesta primeira composición a presenza de compoñentes de todo o País dando así contido e realidade territorial e este órgano.

No relativo a elección do máximo dirixente de Compromiso por Galicia, presentouse unha única candidatura, Piñeiro Docampo (actual Secretario Xeral).

https://gl.wikipedia.org/wiki/Juan_Carlos_Pi%C3%B1eiro

Contarase con delegacións de partidos irmás: PNV. PDR de Portugal e PDE europeo.

A clausura do mesmo esta prevista para as 19:00 horas do día 21

Exit mobile version