Burela, 17 de setembro de 2019. A Burela chegará este sábado, día 21, Caxoto Contacontos cun Conto para escoitar mentras bailamos un valse. Será a partires das 19 horas na praza da Mariña.
A actividade enmárcase na programación cultural do mes de setembro. E está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura de Burela, pola Xunta de Galicia, polo Agadic, por Ler conta moito e polo Xacobeo 2021.
E o domingo, 22 de setembro, haberá unha nova sesión de cine infantil. Será na Casa da Cultura ás 18:00 horas.