Este mércores, no CEIP Pedro Caselles Rollán e no IES Illa de Sarón, cinco profesores da Escola Municipal de Música realizaron un pequeno concerto didáctico en cada un dos centros. Con estes dous concertos abríronse as actividades do Curso 2019-2020. Tiveron unha doble finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se inscriban, dado que a preinscrición inda non remata ata finais deste mes de setembro.