Site icon Crónica3.com A Mariña

Con motivo da execución das obras de reposición, saneamento e mellora de servizos no Camiño Vello de Viveiro, que comezarán o vindeiro mércores 18 de setembro, produciranse cortes de tráfico (que non afectará aos titulares de prazas de garaxe situadas na rúa referida, aos que lles permitirá o acceso)

O cortes de tráfico realizaranse de modo progresivo, coa correspondente sinalización, segundo vaia avanzando a obra ao longo da súa execución. Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, entendendo que se trata dunha mellora sustancial da zona, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.

Exit mobile version