O Valadouro, 18 de setembro de 2019. 1º- A Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo quere amosar, mediante este comunicado, o seu respaldo unánime á xestión e o traballo da concelleira Fina Geada.
2º- Dende o PSdeG-PSOE na Provincia de Lugo non aceptamos ningunha chantaxe de ningún partido político, e máxime, cando esta Concelleira conta co respaldo máis importante, o que outorgan co seu voto as veciñas e veciñas do Valadouro.
3º- O PSdeG-PSOE de Lugo vai seguir traballando e apoiando a todo o Goberno Socialista do Valadouro, para que sigan impulsando iniciativas e proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida de todas as súas veciñas e veciños.
4º-Todo o Goberno Socialista do Valadouro e toda a Executiva Provincial Socialista da provincia de Lugo apoia sen fisuras á compañeira Fina Geada.
5º- O Goberno do Valadouro segue aberto á negociación para formar un Goberno de coalición, pero, sempre é cando non se traspasen liñas vermellas que atacan directamente á elección democrática das veciñas e dos veciños do Concello.
6º- O PSdeG-PSOE segue cumprindo con todos os pactos que xa ten asinados nos Concellos da provincia de Lugo.