Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan as obras de saneamento de Toxeiras, Landrove

Viveiro, 13 de setembro, 2019. O vindeiro luns, 16 setembro de 2019, comezarán a executarse as obras incluídas no proxecto denominado “Ampliación da rede de saneamento no lugar de Toxeiras, Landrove – Viveiro (proxecto adaptado á autorización sectorial de Augas de Galicia”, cun orzamento de contrata de 54.974,90 €.

As actuacións previstas neste proxecto inclúen o levantado de pavimento e instalacións existentes na pista Toxeiras de Abaixo, na parroquia de Landrove; para a súa posterior dotación de servizos (dotación de bocas de riego, mellora da rede de abastecemento de auga e dotación da rede de saneamento) e, finalmente, reposición do pavimento actual, reforzo en zonas de rebaixe do pavimento e apertura de zanxas con capa de grava compactada e posterior apliación nunha lonxitude de 245,00 m de capa de aglomerado en quente tipo D-12 con 6 cm de espesor.

Coa execución desta obra, adxudicada en 45.695,14 €, preténdese repoñer o pavimento do vial referido e mellorar os servizos de abastecemento de auga e saneamento, co obxectivo de garantir a funcionalidade e mellora da calidade dos servizos urbanos existentes.

Esta actuación inclúese no Plan Único 2018 da Deputación Provincial de Lugo, que financia un total de 34.647,44 €, mentres que o Concello de Viveiro achega un total de 11.047.70 €. As obras deben estar rematadas antes do 30 de outubro de 2019.

Exit mobile version