Site icon Crónica3.com A Mariña

Coa celebración do día sen coches rematará este domingo en Burela a Semana Europea da Mobilidade

 Burela, 21 de setembro de 2019. A Semana Europea da Mobilidade rematará este domingo coa celebración do día sen coches. De nove da maña a dez da noite estará pechada ao tráfico a rúa Pardo Bazán, entre as interseccións de Curros Enríquez e Eijo Garay. E haberá actividades ao longo de todo o día: a Xeoruta do Cantiño, as carreiras Alas de Vifa, xadrez na rúa, música, palillando na rúa, xogos deportivos e tradicionais ao aire libre, exposición de produtos artesanais, dispara a gol, cine infantil, Kangoo Jumps e Jumping, foto para o calendario contra a violencia de xénero e tamén exhibición de baile de salón.
E ata mañá tamén segue aberto o prazo de presentación de fotografías ao concurso Os Beatles en Abbey Road… nun paso de cebra. As persoas interesadas en participar deben facer unha foto imitando a mítica imaxe e enviala a gaia@burela.org xunto cos nomes dos participantes, DNI e un número de teléfono de contacto. O prazo remata o 22 de setembro ás dez da noite. A foto premiada recibirá como agasallo unha cea valorada en 100 euros no Contraste.
Na xornada de onte, venres, houbo un taller de cociña e unha exhibición de ximnasia rítmica. O ensaio de Ledicia tivo que suspenderse por mor da choiva.

Exit mobile version