A charla levarase a cabo este xoves 26 na sala de actos da Casa do Concello ás 4:30 da tarde, aberta a toda persoa interesada. Tamén dará comezo nas parroquias de Ribeiras do Sor e O Barqueiro o obradoiro de envellecemento activo en Mañón, dirixido a persoas maiores de 55 anos, empadroadas no Concello de Mañón. Por outra banda o curso de turismo, educación e ocio vinculados á ornitoloxía, ten aberto o prazo para inscribirse. Destinado a xoves de 18 a 30 anos. Organizado conxuntamente polos concellos de O Vicedo e Mañón.