Na charla abordaremos o estado do sistema eléctrico español e o impacto que sufrirá polo autoconsumo fotovoltaico; por isto, revisaremos o Real Decreto 244/2019 de abril de 2019 no que é regulado o autoconsumo de enerxía eléctrica. Tamén falaremos do noso maior reto: o cambio climático. E, para rematar, convidamos ao público a participar e falar sobre sostibilidade.
O sábado 28, ás 11:30h., visitaremos a casa de Eduardo para ver o funcionamento dun sistema de calefacción/auga quente sanitaria mediante enerxía solar térmica con respaldo dunha caldeira de biomasa. Alí tamén falará do funcionamento dos muíños de auga e toda a tecnoloxía que significaban.
Poñemos un punto de encontro para o sábado 28, ás 11:15h. na explanada do Cruce de San Pedro: xusto no cruce da estrada do Barqueiro a Mañón, coa que sube do Baleo (Ortigueira) cara Ponte do Porto/Casanova.
É preciso anotarse para a visita do sábado 28 (antes do xoves 26) no teléfono 653756454 (Ricardo) ou en asociacion.nordes@gmail.com.
Tamén, hai que anotarse para o xantar que ofrecemos como remate desta segunda edición sobre enerxía renovables en Casa Urbano, a 15€/persoa, que constará de: sopa de peixe, cordeiro asado, postre e bebida.