Ana Miranda xa é coñecida en Viveiro tanto polo seu interese pola degradación do areal de Covas como polo saneamento da ría de Viveiro en especial, levándoo incluso ao Parlamento Europeo. Unha muller constante coa defensa do sector pesqueiro galego e co Brexit, coa situación das persoas refuxiadas como as do Open Arms, co saneamento das rías galegas e a limpeza dos rios.
Esta charla-coloquio será aberta a distintos temas e dará lugar na terraza do Bar Cornelius situado na Praciña da Herba en Viveiro, ás 19:00 horas.