Site icon Crónica3.com A Mariña

CCA Burela reparte mais de 500 euros en vales de compra e 26 kits de material escolar na Volta ao Cole

 Burela, 9 de setembro, 2019. O CCA Burela realizou o pasado venres 6 de setembro a segunda edición da campaña Volta ao cole co que conseguiron consolidar esta actividade para referenciala como un fixo de setembro.
A actividade este ano instalou un xogo Twister na praza da Mariña burelense, e pola que pasaron máis de 100 nenos e nenas que desfrutaron dunha xornada moi agradable. En total xogáronse 26 partidas e se repartiron máis de 500 euros en vales de compra e 26 kits de material escolar. Ademais ningún dos xogadores marchou coas mans baleiras xa que todos e todas recibiron un agasallo.
A xornada foi moi divertida, coas clásicas caídas, xiros e moitas risas que produce xogar a este xogo clásico. O bo tempo acompañou un ano mais e a xornada transcorreu sen incidentes, polo que se puido desfrutar dunha sancísima actividade ao aire libre.
Os e as gañadoras recibiron un vale de compra de 20 euros e un kit de material escolar que pretende axudar ás familias a levar a costa de setembro do mellor xeito posible.
Con esta actividade rematan as actividades de verán da asociación de comerciantes que xa anticipan una temporada de accións en outono e continuarán colaborando con diversos grupos locais, porque como apuntan, é o mellor xeito de seguir medrando xuntos.

Exit mobile version