Ribadeo, 6 de setembro de 2019. As festas patronais na honra de Santa María do Campo foron as protagonistas do programa especial realizado por Radiovoz esta mañá desde Ribadeo, en concreto desde os soportais da Casa do Concello. Escoitouse a través de todas as emisoras desta cadea na provincia lucense: Lugo, Ribadeo, Viveiro, Vilalba, Sarria, Monforte e Chantada.
O programa emitiuse de 10 a 12 da mañá e foi dirixido e presentado por Félix Jorquera.
Polos micrófonos de Radiovoz pasaron os tres membros da comisión organizadora das festas: Juan José Otero, Avelino Martínez e Marta Saiz; o responsable da Escola Municipal de Música e Danza, Hugo García; a concelleira de Cultura, Pilar Otero; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; o director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester; e o alcalde ribadense, Fernando Suárez.