Barreiros, 25 de setembro de 2019. Na maña de hoxe, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, asistiu a unha reunión coa FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) para analizar a ordenanza que se está a redactar sobre o ordenamento de caravanas.
Actualmente a FEGAMP está a traballar nunha ordenanza tipo para que os concellos poidan exercer as súas competencias sobre este tipo de turismo. “Nós creemos moi importante asistir a esta reunión para traballar en conxunto, expoñer a nosa situación, trasladar a opinión do sector, e ver puntos en común con outros concellos para dar a mellor solución a convivencia entre os distintos tipos de turismo que se dan no municipio”. Explica Ana Ermida.