Este mércores 25 de setembro a partir das 17h na Casa da Cultura do
Vicedo celebrarase unha actividade de animación á lectura. Trátase do
contacontos Ernesto Suárez presentando o espectáculo “Historias
sorprendentes para nenas e nenos diferentes”. Unha actividade dirixida a nenas e nenos entre 4 e 11 anos que forma parte do catálogo de
actividades Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia. Entrada gratuita.