O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, informou hoxe da resolución, por parte do Consello da Xunta, da convocatoria de axudas dirixidas a concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para a posta en marcha destas iniciativas.
Os obradoiros aprobados na comarca permitirán a contratación de 94 persoas, entre alumnos-traballadores (un total de 76) e persoal de dirección, administración e monitores (18 contratos).
Os beneficiarios recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.
Dos 4 obradoiros que se porán en marcha na Mariña, 3 deles serán duais, cunha duración de 9 meses: Os de Ribadeo Alén do Camiño, tamén o de Sendas de Xove, Cervo e Burela VI e, finalmente o Terras do Sor III que comparten os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras
Ademais, desenvolveranse un talleres de garantía xuvenil, en Ribadeo -’Doc Tic III’, dirixido especificamente a mozo e moza menores de 30 anos. Terá unha duración de 6 meses e os participantes deben estar inscritos e en situación de beneficiarios no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da comunidade autónoma.
O inicio dos obradoiros duais está previsto para o mes de novembro. En canto aos taller de garantía xuvenil, xa se atopa na fase de selección de persoal e comezarán en breve.