Foi un encotro frutífero, que permitiu que Augas de Galicia coñecese de primeira man a posición dos veciños de Xunqueira sobre as posibilidades de actuación, atendese as súas preocupacións concretas e buscase a mellor forma de darlle resposta desde o punto de vista técnico.
Como se avanzou na xuntanza, tras rematar o estudo, a Xunta informará sobre o resultado e o conxunto de administracións deberán abordar o cofinanciamento das obras.
Tras o episodio de inundacións vivido en novembro de 2018, no que hubo que lamentar o falecemento dunha veciña de Xunqueira, Augas de Galicia púxose ao servizo do Concello de Viveiro para traballar na procura de solucións que evitasen riscos futuros.
Así, ademais de colaborar na reparación dos danos causados, Augas de Galicia trasladoulle ao Concello de Viveiro a necesidade de acometer actuacións nas marxes do río ao seu paso polo núcleo urbano de Xunqueira, que está identificado como unha zona de especial risco de inundación.
Para facilitar esa tarefa, a Administración hidráulica autonómica desenvolveu unha modelización hidráulica para precedir o comportamento do río en distintos escenarios de chuvias e avaliar os riscos futuros. Ademais, o estudo da Xunta incluiu tres alternativas de actuación para reforzar a seguridade da zona.
Concluída esa análise, o pasado mes de marzo Augas de Galicia lle remitiu os seus resultados ao Concello de Viveiro para que, como administración competente, e en diálogo cos veciños de Xunqueira, decidise que actuación impulsar.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informou, tamén, da súa disposición a cofinanciar as obras nun terzo do seu custo, na mesma medida que a Administración local e a Deputación provincial, tendo en conta que esta entidade ten o deber de apoiar aos municipios.
Sen embargo, e a pesar dos reiterados requirimentos da Xunta, o Concello de Viveiro non tomou ata agora ningunha iniciativa ao respecto. Por ese motivo, sendo consciente e compartindo a preocupación dos veciños de Xunqueira, a Xunta decidiu convocar directamente aos afectados para explicarlles as posibilidades analizadas, escoitar as súas demandas e, en definitiva, avanzar na procura de solucións.