Site icon Crónica3.com A Mariña

A Trastenda dos Contos Presenta “Conto para escoitar mentres bailamos un valse” en Burela

 Burela, 20 de setembro, 2019. A Biblioteca Municipal de Burela, e a Delegación Municipal de Cultura presentan, o espectáculo “Conto para escoitar mentres bailamos un valse” da compañía A Trastenda dos Contos” con Caxoto Contacontos, a función terá lugar na Praza da Mariña ,ás 19:00 horas do sábado 21 de setembro, e está recomendada para público familiar.

Neste novo espectáculo Caxoto Contacontos desprega unha ampla destreza no manexo dos máis insólitos instrumentos musicais. O exotismo do birimbao, a maxia da frauta doce, ó ronroneo da harmónica, … a espiritualidade da gaita. Unha ocasión para as máis pequenas e pequenos para descubrir a esencia mesma da música a escaso medio metro de distancia.

Con eles relata a orixe da paixón da Sabela pola música nunha aventura de 60 minutos que saben a pouco.

Este espectáculo está dentro do programa LER CONTA MOITO de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas de Galicia promovido pola Dirección Xeral de Politicas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas de Galicia, en colaboración cos Concellos.

Exit mobile version