No acto, convocado polo Concello, a concelleira de Muller e Igualdade, Verónica Peña, leu un manifesto no que destacou que só a unidade entre homes e mulleres pode facer cambiar a mentalidade desta sociedade machista. Ademais lembrou que na noite deste venres, día 20, acenderanse luces de cor lila na fachada da Casa do Concello como sinal de loita das mulleres para ser libres e poder vivir sen medo. A ese acto, programado para as 21:30 horas, están convocados os veciños e veciñas, aos que se invita a levar luces de cor violeta. A concentración rematou cun minuto de silencio en memoria das vítimas e como mostra de cariño do pobo de Foz cos seus fillos, demais familiares e amigos.